Colectivo Musical Autónomo
O Colectivo Musical Autónomo nace coa idea de facer unha agrupación con personalidade propia pero independente das persoas que en cada momento colaboren na realización dun proxecto concreto ou determinado, pretende facer da experimentación sonora e/ou visual o seu motor, pero esto con independencia e ó mesmo tempo condicionada polos compoñentes, esto é, pretendemos unha formación modulable, na que os patícipes non son fixos, senon que se forma un conxunto concreto e diferenciado para cada actuación ou montaxe, facendo así un grupo irrepetible en cada ocasión ou para cada evento. Así fórmase unha autoreacción, o grupo aliméntase dos individuos que van pasando por sí, e ó mesmo tempo condiciona o que fan os seus compoñentes, así teñen cabida xente que fai folk ou música melódica... a condición é a experimentación cos medios que estan á nosa disposición...
A nosa historia empeza no ano 1.995 no que a formación primixenia do C . M . A . estaba composta por, Raúl Almenara, e J.M.Sálamo.
Fíxose a presentación do grupo no Bule-Bule Bar de Chantada.
Con posterioridade incorporouse Roberto Novo que compartía o seu tempo coa participación no grupo folk Brandián, e ocupábase basicamente de facer soar os instrumentos de vento e percusión.
Como membro oficioso, contamos coa inestimable colaboración de María Tomé que ten realizado os visuais e cuenstións varias, incorporouse ó Colectivo para a montaxe da performance Epidemia realizada na Sala Cruce de madrid en 1998.
En decembro do ano 1999 foi invitado a participar no Colectivo Victor que participou nun concerto en Chantada no ano 2000
Tamen contamos coa colaboración de Silverio para a actuación do IFI 2003.
Ademais é preciso facer especial referencia a colaboracións tan importantes como a de PAULA, que pon a súa voz a disposición de cando en vez,
a inestimable colaboración de CHUS, que participou nas montaxes da sala Cruce e no do Centro Galego de Arte Contemporáneo;
María Vázquez , Rubén Ochandiano que participaron na montaxe da performance EPIDEMIA realizada na Sala Cruce de Madrid o 11 de decembro de 1998
Rodrigo Fernández que nos cedeu imaxes en reiteradas ocasións
Pablo Sánchez que realizou os visuais de ATLÁNTICO, performance realizada na Sala Cruce de Madrid o 11 de novembro de 2000
Ana (de Lugo) que aportou imaxes para o concerto na sala Telefunken de A Coruña.
...